Ir a la página principal
Directorio de Empresas de Empleo

CANDIDATOS
 Insertar currículo
Menú privado
Buscador de ofertas
Empresas colaboradoras
Formación
Noticias
EMPRESAS
Alta de empresa Gratis!
Menú privado
Servizos e tarifas
Servizos a empresas
Noticias
RECURSOS
E-learning
¿Quen somos?
Consellos laborais.
Tests psicotécnicos !!
Preguntas frecuentes
Recoméndanos
Contacto
Axenda Cultural
 Política de privacidade
Mediante este aviso, Rede de Desenvolvemento do Emprego S.L., con enderezo na Praza de Ourense 7, 6º Esq, 15004 A Coruña (España) (en adiante, REDE) informa ós usuarios dos portais (en adiante, os "Usuarios" e o "Portal") de Internet da súa propiedade www.galiciaemprego.com, www.euskadiempleo.com, www.madridempleo.com, www.madridempleo.net, www.balearempleo.com, www.galiciaemprego.net, www.euskadiempleo.net e www.balearempleo.net sobre a súa política de protección de datos de carácter persoal (en adiante, os "Datos Persoais") para que os Usuarios determinen libre e voluntariamente se desexan facilitar a REDE os Datos Persoais que se lles poidan requerir ou que se poidan obter dos Usuarios con ocasión da subscrición ou alta nalgúns dos servizos ofrecidos por REDE no Portal ou a través do Portal. REDE resérvase o dereito a modificar a presente política para adaptala a novidades lexislativas ou xurisprudenciais así como a prácticas da industria. Nos devanditos supostos, REDE anunciará nesta páxina os cambios introducidos con suficiente antelación á súa posta en práctica.

Rexistro de ficheiros
De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os datos persoais que se obteñan como consecuencia do seu rexistro como Usuario, serán incorporados a un ficheiro con datos de carácter persoal declarado ante a Axencia Española de Protección de Datos, titularidade de Rede de Desenvolvemento do Emprego S.L. (REDE), con C.I.F. B-15921240 e enderezo na Praza de Ourense 7, 6º Esq, 15004 A Coruña (España), tendo implementadas as medidas de seguridade establecidas no Real Decreto 994/1999, de 11 de Xuño.

Exactitude e veracidade dos datos facilitados
O Usuario garante que os Datos Persoais facilitados a REDE son veraces e faise responsable de comunicar a esta calquera modificación nos mesmos.

Cookies
REDE pode utilizar cookies cando un Usuario navega polos sitios e páxinas web do Portal. As cookies que se poidan utilizar nos sitios e páxinas web do Portal asócianse unicamente co navegador dun ordenador determinado (un Usuario anónimo), e non proporcionan por si mesmos o nome e apelidos do Usuario. Gracias ás cookies, resulta posible que REDE recoñeza os navegadores dos Usuarios rexistrados despois de que estes se rexistrasen por primeira vez, sen que se teñan que rexistrarse en cada visita para acceder ás áreas e servizos reservados exclusivamente a eles. As cookies utilizadas non poden ler os arquivos-cookie creados por outros provedores. O Usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a instalación de cookies no seu disco duro. Por favor, consulte as instruccións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar o Portal, non resulta necesario que o Usuario permita a instalación das cookies enviadas por REDE, sen prexuízo de que neste caso será necesario que o Usuario se rexistre como usuario de cada un dos servizos cuxa prestación requira o previo rexistro. As cookies que se utilizan nos sitios e páxinas web do Portal poden ser servidas por REDE, en cuxo caso se serven desde os distintos servidores operados por estes, ou desde os servidores de determinados terceiros que nos prestan servizos e serven as cookies por conta de REDE (como, por exemplo, as cookies que se empregan para servir a publicidade ou determinados contidos e que fan que o Usuario visualice a publicidade ou certos contidos no tempo, número de veces e forma predeterminados). Sempre que non activara a opción que impide a instalación de cookies no seu disco duro, vostede pode explorar o seu disco duro seguindo o manual de instruccións e axuda do seu sistema operativo (normalmente, en sistemas operativos Windows deberá consultar a carpeta "C (ou a unidade de disco correspondente) /Windows/Cookies") para coñecer con maior detalle cada servidor desde onde se envían as cookies.

Finalidades
A recollida e tratamento automatizado dos Datos Persoais ten como finalidade o mantemento da relación establecida con REDE, a xestión, administración, prestación, ampliación e mellora dos servizos nos que o Usuario decida subscribirse, darse de alta ou utilizar a adecuación dos devanditos servizos ás preferencias e gustos dos Usuarios, o estudo da utilización dos servizos por parte dos Usuarios, o deseño de novos servizos relacionados cos devanditos servizos, o envío de actualizacións dos servizos, ou envío, por medios tradicionais e electrónicos, de información técnica, operativa e comercial a cerca de produtos e servizos ofrecidos por REDE e/ou por terceiros, actualmente e no futuro.

Cesión de datos
REDE poderá ceder, no seu caso, os Datos Persoais a sociedades coas mesmas finalidades que se indicaron para a recollida dos Datos Persoais por parte de REDE en relación cos seus servizos. Ós efectos desta Política de Privacidade, considéranse tamén aquelas sociedades coas que directa ou indirectamente REDE cerre acordos contractuais.
O usuario que decida insertar o seu currículo no Portal acepta que os seus datos sexan visibles para aquelas empresas dadas de alta no Portal, sendo o propio usuario o que estipulará o grao de visibilidade dos devanditos datos mediante as condicións de confidencialidade e privacidade definidas por el mesmo á hora de introducir os seus datos.
O Usuario poderá opoñerse en todo momento a calquera ou todas as cesións precitadas mediante o exercicio dos seus dereitos segundo se detalla máis abaixo.

Exercicio de dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
O Usuario poderá dirixir as súas comunicacións e exercer os dereitos de acceso, rectificación e cancelación por correo ordinario dirixido a: Rede de Desenvolvemento do Emprego S.L., con enderezo na Praza de Ourense 7, 6º Esq, 15004 A Coruña (España), indicando no sobre a Referencia "Atención dereitos LOPD". Para exercer os devanditos dereitos e en cumprimento da Instrucción 1/1998, de 19 de xaneiro, da Axencia Española de Protección de Datos, é necesario que vostede acredite a súa personalidade fronte a REDE mediante o envío de fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou calquera outro medio válido en Dereito.

Medidas de seguridade
REDE adoptou os niveis e medidas de seguridade para a protección dos datos persoais instalando nos seus sistemas e ficheiros as medidas técnicas necesarias para garantir o tratamento confidencial dos datos, evitar a súa perda, alteración e acceso. REDE non será responsable de posibles danos ou prexuízos que se puidesen derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamiento operativo deste sistema electrónico, motivadas por causas alleas a REDE; de retrasos ou bloqueos no uso do presente sistema electrónico causados por deficiencias ou sobrecargas de liñas telefónicas ou sobrecargas no Centro de Procesos de Datos, no sistema de Internet ou noutros sistemas electrónicos, así como de danos que poidan ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control de REDE.

Aceptación e Consentimento
O Usuario declara ter sido informado das condicións sobre protección de datos persoais, aceptando e consentindo o tratamento automatizado dos mesmos por parte de REDE, na forma e para as finalidades indicadas na presente Política de Privacidade. O Usuario declara ter sido informado das condicións sobre protección de Datos Persoais, aceptando e consentindo o tratamento automatizado dos mesmos por parte de REDE, na forma e para as finalidades indicadas na presente Política de Protección de Datos Persoais

« Ir á páxina principal
 
2017
Versión en español    |   Aviso Legal   |   Privacidade |   Mapa   |   Contacto   |