As Axencias de colocación son entidades que colaboran cos Servizos Públicos de Emprego na intermediación no mercado de traballo, co fin de axudar ós traballadores a atopar un emprego e ós empregadores á contratación dos traballadores axeitados para satisfacer as suas necesidades.
Poden crear unha Axencia de Colocación as personas físicas ou xurídicas, calquera que sexa a sua natureza, que actúen sen fins lucrativos.
As condicións pra crear unha Axencia de Colocación son:
· Garantir o principio de igualdade no acceso ó emprego, no seu ámbito de actuación
· Limitar seu ámbito de actuación ó determinado no correspondente convenio de colaboración
· Non subcontratar con terceiros os servizos obxecto da autorización concedida
· Estar autorizada polo Servizo Público de Emprego Estatal ou Servizo Público de Emprego Autonómico correspondente
· Levar unha contabilidade separada e ter conta bancaria independente e exclusiva para tódolos gastos e ingresos derivados d
|