Enténdese por autoemprego toda actividade laboral xerada polo suxeito que a exerce de xeito directo; isto é, por aquelas persoas que traballan en unidades económicas da sua propiedade, que as dirixen e que obteñen ingresos das mesmas, persoas que teñen iniciativa empresarial dabondo como para crear a sua propia empresa, sexa grande ou pequena. No autoemprego atópanse diversas categorías profesionais: empresarios sin asalariados, membros de cooperativas e axudas familiares.
Para optar polo autoemprego é preciso deseñar un plan de empresa, é dicir, definir claramente cál vai ser a nosa empresa, qué medios imos precisar para poñela en marcha e todo-los aspectos existentes entre o intre no que a nosa empresa é só unha idea ata que está funcionando.
Debémonos informar das formas xurídicas de constitución e trámites legais da sua posta en marcha, así como das axudas e subvencións para a creación de empresas.
A idea inicial xurde como consecuencia da detección dunha oportunidade de negocio pero ¿ónde podes atopar ideas para a tua empresa?
· Experiencia profesional previa
· Estudos
· Hobbies/aficións
· Habilidades
|