¿Que é un currículo?
É un xeito de amosar a unha empresa, nun ou dous folios, aqueles datos que nos axudarán a conseguir un emprego. Á hora de escribilo, debemos seguir certas regras, respetar certas convencións, aportando os nosos datos de formación e experiencia profesional e, por suposto, en ningún caso debemos faltar á verdade.
No noso Currículo Vitae temos a opción de empregar á nosa conveniencia determinados recursos ou mesmo eludir aspectos que non nos aporten beneficio.
Ante un anuncio dunha oferta de traballo responden varios candidatos e si a oferta é interesante o número de currículos que recibe un seleccionador sería suficiente para empapelar toda a súa oficina.
O seleccionador, que é humano, tentará, como todos, reducir esa morea de papeis o máis rápido posible polo que aqueles currículos que non capten a súa atención ou sexan demasiado longos irán directamente ó lixo. Un Currículo Vitae debe poder entenderse en 15 segundos polo que temos que por en funcionamento a nosa capacidade de síntese. Si a persoa que le teu currículum non atopa o que busca na primeira metade da primeira páxina, deixará de lelo.
¿Cómo conseguir manter a atención de quen lea teu CV? Seguindo a regra das 5C:
- Claridade: é dicir, debe estar ben organizado, seguindo un esquema lóxico, lexible e comprensible
- Concisión: vai ó grao e presenta só aquela información precisa e relevante, pero sempre de xeito escueto
- Completo: asegúrate de que incluiches tódolos datos co lector do teu CV precisará para tomar unha decisión informada sobre o destino da túa solicitude
- Consistente: non mestures as formas en que presentas a información, é dicir, si presentas a formación académica da máis recente á máis lonxana no tempo, faino do mesmo xeito no resto dos apartados
- Corriente: esto é, os datos deben incluir toda a información e deben estar permanentemente actualizados, así cada v
|