María García García
r/ Cordas 10 7º B
15100 A Coruña
Tel. 981 405 060
A Coruña, 10 de decembro de 2004.
Estimados señores:
Puiden constatar que a súa empresa XXXXXXX, é líder no sector auxiliar da construción. Póñome en contacto con vostedes para facerlles chegar o meu currículo, por se lles fixese falta un profesional das miñas características na súa empresa.
Son Licenciado en Arquitectura e posúo experiencia en xestión de obras e dirección de equipos de traballo, funcións que levo realizando desde hai dous anos. Ademais, considérome unha persoa con gran capacidade de traballo e dirección.
Gustaríame poder contactar con vostedes para poderlles ampliar a información sobre a miña formación e experiencia laboral.
Sen outro particular e agradecéndolles de antemán a súa atención, saúdaos atentamente.
Asdo. María García García
|