María García García
r/ Cordas 10 7º B
15100 A CORUÑA
Tel. 981 405 060
A Coruña, 10 de decembro de 2004.
Estimados señores:
En referencia ó seu anuncio publicado no diario “XXXXXXXXXXX” o pasado día 9 de decembro de 2004 no que solicitan un Director, preséntolles a miña candidatura ó posto.
Son unha profesional con máis de tres anos de experiencia en dirección e con altos coñecementos en análises de mercado. Ademais, posúo a Licenciatura en Administración de Empresas e un MBA que me axudou a completar e especializar a miña formación.
Agradaríame poder entrevistarme con vostedes para poderlles ampliar todos aqueles aspectos sobre o meu currículo que desexen.
Sen outro particular e agradecéndolles de antemán su atención, saúdaos atentamente.
Asdo. María García García
|