A carta de presentación
O seu obxectivo principal é suscitar o interese da persoa que vai recibir o currículo para que o lea con atención e te propoña unha entrevista personal. Lembra ca carta de presentación está sempre "feita a medida" en función da empresa e o posto que solicitas. Pon especial coidado na súa redacción, xa que para moitos responsables de selección pode ter máis importancia mesmo co propio currículo.
O primeiro parágrafo serve para introducir o obxeto da carta. Desde a primeira frase tes que captar o interese do lector, para o que deberás empregar un estilo agradable, directo e dinámico, mencionando datos concretos.
No segundo parágrafo cabe explicar as razóns polas que escolleches esta empresa ou sector de actividade, destacando a adecuación existente entre as túas capacidades, preparación e experiencia requeridas pola empresa en cuestión. Inicia neste momento unha argumentación explicando os motivos que xustifican unha entrevista. Fai referencia a teu C.V. sin copialo.
No tercer parágrafo insistirás no teu interese por traballar nesta empresa e o importante que é para ti obter unha entrevista, asegurándote a futura comunicación coa empresa.
Podes rematala empregando as fórmulas de cortesía habituales. Podes ser directo, sin ser familiar
RECOMENDACIÓNS
- Evita as siglas e abreviaturas.
- Escribe os nomes propios completos.
- Evita as frases que comezen por "eu".
- Evita as adulacións.
- As expresións de gratitude non deben ser exaseradas.
|